Vía Pixabay Licenza DP |
A pasada semana quixemos resaltar aspectos relativos á prensa e ao seu labor, así como coñecer a función dos diferentes profesionais que participan do seu desenvolvemento.
Como aparece na cita da cabeceira de F. Kafka "Ler é sempre unha expedición a verdade" e máis se nos referimos aos medios de comunicación. Por isto, no tempo das novas falsas, é moi importante saber diferenciar o que é verdade do que non. Para as familias recomendamos este pequeno vídeo de Rosa María Calaf en "O rol do xornalista ante a saturación do info-entretemento".
O martes recibimos a Alexandre Centeno coordinador de Deportes do xornal La Voz de Galicia na BiblioLab, que nos falou das diferentes tarefas como xornalista, de como se prepara unha nova para publicar e explicounos algunhas claves para detectar novas falsas. Os nenos/as de 5º de E.P. puideron solucionar algunha das dúbidas que tiñan sobre o labor dun xornalista.
O mércores acudiu á BiblioLab Yago Concejo, pai dun alumno do centro e que traballa en publicidade na Axencia creativa Venditos. Nesta sesión falou das características dos anuncios publicitarios e da importancia de desenvolver como consumidores/as un pensamento crítico, un criterio propio que nos permita tomar decisións de forma autónoma. Tamén achegou o tema do consumo responsable. As nenas/os de 3º de E.P. gozaron coa amena presentación de Yago.
O venres viu á biblioteca David Pintor, humorista gráfico no xornal La Voz de Galicia, ademais de ilustrador de numerosas obras de literatura Infantil e Xuvenil. Xunto a Carlos López conforman Pinto&Chinto. Comentounos como foron os seus inicios na profesión, por que se caracterizan as viñetas do xornal, como é a súa xornada laboral, o proceso creativo co seu compañeiro e moitas máis cuestións que xurdiron das inquedanzas das nenas/os de 4º de E.P. que estiveron na charla.
Agardamos que vos gustaran as experiencias destes profesionais dos medios de comunicación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario