Comeza novembro e como todos os cursos celebramos o mes da ciencia en galego. Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando esta celebración nas propias bibliotecas. Editan un manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración, este ano elaborado por Felipe Criado-Boado, arqueólogo, Profesor de investigación del CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, con sede en Santiago.
As accións que levaremos a cabo esta semana será o comezo dos VenreXperimentos. Neste mes aprenderemos sobre a refracción e a tensión superficial co alumnado de 1º de EP durante os recreos dos venres de novembro. A partir deste mes iremos achegando diversas experiencias ao alumnado de primaria do centro ata o mes de maio. Lembramos que todas estas experiencias están na columna da esquerda picando no logo da actividade para a súa consulta.
Xa están nos expositores da biblioteca, ben visibles para o seu préstamo, algúns dos libros que temos na colección relacionados coa ciencia e con científicas/os agardando a que os levedes para casa.
Adiante coa ciencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario