domingo, 16 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

Achégase a conmemoración do día do nacemento de Rosalía de Castro. A Fundación Rosalía de Castro propón, como cada ano, diversas actividades para lembrar a escritora galega. Este curso coa actividade de Caldo de Gloria, inspirado no poema "Miña casiña, meu lar", relacionan a súa poesía co ámbito culinario. O que propoñemos facer no centro é transformar unha receita de cociña, realizada con produtos de uso cotía e de orixe galego, nun poema moi saboroso. Poderedes gravar coa vosa voz estas obras no estudio de radio, ademais se queredes podemos gravarvos lendo poemas de Rosalía de Castro nos recreos coa axuda dos voluntarios de biblioteca. Animádevos a celebrar a semana de Rosalía de Castro!

Na páxina web do centro tedes recursos para celebrar e lembrar a Rosalía compartidos polo EDLG. A semana que vén compartiremos todos os audios que nos vaian chegando e que vaiamos gravando no estudio de Emilia na Onda, podedes escoitar as receitas que se fixeron o curso pasado.

Feliz Día de Rosalía!

Ningún comentario:

Publicar un comentario