Rematado o mes de novembro publicamos as respostas correctas ás cuestións que planteamos nesta primeira ronda do concurso, o solucionario está no final desta entrada. Todos os que participastes podedes pasar pola biblioteca para comprobar se as vosas respostas foron correctas e recoller o voso agasallo.
Aproveitamos para anunciar que xa podedes participar na ronda do mes de decembro. Neste mes teredes que procurar as imaxes expostas no corredor de entrada (cada unha cun número para identificalas) e teredes que utilizar a folla de respostas, que poderedes coller en calquera dos espazos da biblioteca e responder ás preguntas que se plantean. Este mes están relacionadas coa literatura e o mundo do cine.Presentamos a personaxes de películas de animación que xurdiron dun libro, para posteriormente transformarse nunha obra audiovisual. Para participar no concurso teredes que atopar primeiro o nome da personaxe, logo o título do libro (todos están na biblioteca), o título da película e o por último o nome do autor/a do libro.
Este concurso da biblioteca está dirixido ao alumnado de Educación Primaria, para poder participara haberá que recoller a folla de respostas nos espazos da biblioteca.
A forma de participar dependerá no curso no que esteades, así:
- O alumnado de 1º e 2º terá que escribir os nomes das personaxes.
- O alumnado de 3º e 4º terá que escribir o nome das personaxes, os títulos do libro e a película.
- O alumnado de 5º e 6º terá que escribir o nome das personaxes, os títulos do libro e a película e o nome do autor/a do libro.
O
prazo para participar neste concurso será ata o venres 12 de decembro. A
participación de cada alumno/a farase introducindo a folla de respostas
na caixa de suxestións da biblioteca, comprobando que todos os datos
estean cubertos (non se admitirán follas de participación sen o nome, primeiro apelido, curso e grupo).
O alumnado que complete as respostas correctamente poderá levar un libro durante todo o nadal para a súa casa.
Zoótropo - William George Horner - 1834
Cámara Technicolor - Technicolor Motion Picture Corporation - 1916
Mutoscopio - Herman Casler - 1894
Kinetoscopio - Thomas Edison - 1889
Cinematógrafo - Irmáns Lumière - 1895
Grazas por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario