xoves, 19 de decembro de 2024

Protagonistas da vosa historia

Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes e neste caso moitos deles están relacionados co cine, xa que tiveron unha adaptación audiovisual. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura. Están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos.

Lembramos que a selección de obras de non ficción para "Un cole de cine", que están relacionadas coa temática desde diversas perspectivas, está publicada na páxina do catálogo da nosa biblioteca.

Os libros están expostos na entrada da biblioteca e agardarán polos lectores/as nas primeira semana de xaneiro á volta destas vacacións, aínda que se non queredes esperar poderedes atopalos nas bibliotecas municipais e noutras bibliotecas públicas, compralos nas librarías ou mesmo incluílos como peticións nas cartas que escribades. 

Presentamos tamén a guía especial que fixeron como agasallo as bibliotecarias da BM de Los Rosales con obras relacionadas co cine para a comunidade escolar do CEIP Emilia Pardo Bazán.

Ademais compartimos a xeral, que publican todos anos para todos os lectores/as da cidade.

Recomendámosvos que visitedes estas recomendacións e actividades que se desenvolverán neste período nas Bibliotecas Municipais, seguro que descubriredes novas lecturas!

Estas vacacións sede protagonistas da vosa historia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario