luns, 8 de xaneiro de 2024

Conexión familiar

Co novo ano queremos anunciar unha nova proposta dirixida ás familias dentro do programa "Lectura e Familia", definímola como "Conexión familiar: atopa respostas ás túas preguntas". Nesta acción poñeremos a disposición de todas as familias do noso centro mochilas temáticas con fondos que acheguen información sobre diferentes aspectos, que esperamos que poidan servos de utilidade. As primeiras mochilas que poñeremos a disposición da comunidade educativa para o empréstito serán as que aborden os temas de Trastorno de Espectro Autista, Trastorno de déficit de atención e hiperactividade, Altas capacidades intelectuais e Conduta e disciplina positiva. A selección dos recursos foi realizada polo Departamento de orientación en colaboración co equipo de biblioteca.

A mochila poderá permanecer en préstamo un máximo de 30 días sen posibilidade de renovación, co obxectivo de favorecer a rotación e que o acceso a estes fondos sexa o máximo posible. As mochilas poderán reservarse, quedando en lista de espera as persoas que o vaian solicitando.

FORMULARIO DE SOLICITUDE

A recollida das mochilas realizarase na biblioteca do centro en diferentes momentos da xornada escolar e que deberán explicitarse no formulario de solicitude. A devolución realizarase do mesmo xeito que se fixo o préstamo. Cada familia só poderá ter emprestada unha das mochilas ofertadas.

As mochilas conteñen os seguintes fondos:

Trastorno de espectro autista

1. Equipo DELETREA, Los niños pequeños con autismo. Soluciones prácticas para problemas cotidianos. Editorial CEPE.


2. González Carbajal, Ana. Mi hijo tiene síndrome de Asperger. Col. Escuela de Padres. Editorial GESFOMEDIA.

3. L. Harris, Sandra. Los hermanos de niños con autismo. Su rol específico en las relaciones familiares. Ed. Narcea.

Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade


1. Orjales Villar, Isabel. Déficit de atención con hiperactividad. Manual para padres y educadores. Ed. CEPE.AAVV., TDAH. Estrategias par impulsar el desarrollo integral. Ed. CEPE

2. Moreno García, I e Menéres Sancho, M.S. Niños hiperactivos. Como ayudar a los padres a afrontar los problemas de conducta. Ed.

3. Arroyo, Lidia ¡Alex, basta ya! Ed. Salvaltella

4. Terrón Ángel coord. TDAH. Estrategias para impulsar el desarrollo integral. Editorial CEPE.

Altas Capacidades Intelectuais

1. Fernández Reyes, Teresa e Sánchez Chapela, Maite.¿Las ballenas tienen saliva? Guia para padres con hijos de AACC. Editorial Ingenia

2. Fernández Reyes, Teresa e Sánchez Chapela, Maite ¿Para qué voy al colegio? Guia para padres con hijos de AACC. Editorial Ingenia

3. Puyol Pérez, Andrés. Mi hijo es superdotado. Gesfomedia educación.

Conduta e disciplina positiva

1. Carrobles, José Antonio e Pérez-Pareja, Javier. Escuela de Padres. Guía práctica para evitar problemas de conducta y mejorar el desarrollo infantil. Ed. Pirámide.

2. Jarque García, Jesús. Técnicas básicas de disciplina. Niños de 2 a 12 años. Gesfomedia educación.

3. Jarque García, Jesús. Rabietas, pataletas y malos modales. Niños de 2 a 12 años. Gesfomedia educación.

4. VVAA. Disciplina positiva para padres y madres de hoy. Como conciliar trabajo, familia y bienestar personal. Ed. Medici.


Propoñemos estas ligazóns para complementar a información dos libros:

Trastorno de espectro autista

Blog: El sonido de la hierba al crecer

Federación de Autismo de Galicia

Protocolo de Tratamento Educativo do Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Xunta de Galicia

Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade

Asociación de niños con déficit de atención con/sin hiperactividad

Fundación Instituto Gallego del TDAH y Trastornos Asociados

Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Xunta de Galicia.

Altas Capacidades Intelectuais

Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Xunta de Galicia

Agardamos que esta actividade que comezamos sexa de utilidade para toda a comunidade educativa, esperamos as vosas peticións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario