Achegámonos á orixe dos océanos hai millóns de anos, como xurdiu a vida, iremos percorrendo ata chegar á Idade Antiga ata un mar que tivo e ten grande actividade comercial. Hai diversas hipóteses sobre a creación dos océanos, podedes investigar e tratar de coñecelas.
Estas eran as preguntas da semana pasada:
1. A expedición do doutor Balmis que vacina pretendía levar a América?
Esta foi a expedición que partiu da Coruña para levar a vacina da varíola a América.
2. A expedición Balmis tivo como primeira etapa da viaxe A Coruña...?
A primeira parada que realizaron foi en Santa Cruz de Tenerife.
3. O doutor inglés, Edward Jenner, extraeu unha variante da enfermidade dun animal que conseguía inmunizar aos humanos, de que animal se trata?
Conseguiu utilizar o virus da varíola da vaca, máis leve que o humano, para conseguir inmunizar á poboación.
4. Despois de América a onde se dirixiu a expedición de Balmis?
Tras a chegada a América a expedición dividiuse en dous, despois o doutor Balmis dirixiuse a Filipinas.5. Como imaxinas que sería esa viaxe se foses nela?
Estas son as preguntas desta semana:
Ningún comentario:
Publicar un comentario