venres, 29 de maio de 2020

Viaxeiros por papel

O club de lectura Viaxeiros por papel estivo conversando onte co autor do libro que estiveron lendo durante este mes. Ao longo deste período gozaron e divertíronse coa poesía de Vaia tropa! de Antón Cortizas editado por Xerais.

Na xornada de onte durante unha hora resolveron as preguntas que forn xurdindo sobre a lectura como por exemplo canto tempo tardara en escribilo, aspectos sobre a coordinación coa ilustradora, de onde sairán as personaxes e situacións que acontecen no libro... Antón explicounos o que son os Limericks e de onde proveñen, sobre os xogos que pretendiu compartir co lector/a.
Ao final da sesión propuxo un reto que veremos se son quen de conseguir os nenos/as.


Animádesvos a intentalo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario