xoves, 21 de maio de 2020

Onda Ti despídese (episodio 9)

Este domingo ás 12h. volve Onda Ti no último programa en directo desta etapa. Para despedirnos, esta semana seguiremos coas seccións da entrevista, ContamosTodos, a participación dos oíntes e "Temos unha mensaxe de..."
O domingo contaremos coa presenza de Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, que responderá ás preguntas que nos enviedes ata o domingo. Tamén escoitaremos algunha das vosas achegas en ContamosTodos, do mesmo xeito que as recomendacións das bibliotecarias da B.M. de Los Rosales. Poderedes intervir para falar do que queirades chamando a Fala con nós! e finalizaremos con "Temos unha mensaxe de...", que ademais de escoitala, despois tamén poderedes vela nesta entrada.
No caso de querer participar a través da liña telefonica podedes contactarnos a través do noso canal de skype (bibliotecaepb@gmail.com) ao longo do programa para poder intervir na sección "Fala con nós!", irémosvos agregando ao longo da retransmisión. Tamén podedes intervir a través do chat que se habilitará cando se publique o programa.


Agardámosvos o domingo, non faltedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario