domingo, 3 de maio de 2020

Onda Ti episodio 6

Este domingo ás 12h. volve OndaTi, o programa en directo de Emilia na Onda no que queremos estar cerca de ti, que nos acompañedes coas vosas voces, coas vosas opinións... e máis nestes momentos nos que estamos lonxe de vós. Esta semana seguiremos coas seccións da entrevista, ContamosTodos, a participación dos oíntes e "Temos unha mensaxe de..."
Neste programa haberá espazo para as vosas intervencións, na sección Fala con nós! teremos ás bibliotecarias da B.M. Los Rosales, que nos explicarán como será a nova sección do programa, tamén lles podedes formular as cuestións que desexedes, tamén escoitaremos dúas achegas de ContamosTodos, ademais entrevistaremos ao escritor e guionista Eligio Rodríguez coas vosas preguntas en directo e coas que nos remitiron alumnos/as do centro, remataremos coa sección "Temos unha mensaxe de..."
Nesta entrada publicaremos o directo. No caso de querer participar a través da liña telefonica podedes contactarnos a través do noso canal de skype (bibliotecaepb@gmail.com) ao longo do programa para poder intervir na sección "Fala con nós!", irémosvos agregando ao longo da retransmisión. Tamén podedes intervir a través do chat que se habilitará cando se publique o programa.
 

Deixámosvos os libros que recomendaron Lorena e Lili no programa de hoxe na sección "Na onda dos libros".

Agardámosvos o domingo, non faltedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario