sábado, 9 de maio de 2020

Onda Ti episodio 7

HOXE O PROGRAMA COMEZARÁ ÁS 13H.
Este domingo ás 13h. volve OndaTi, o programa en directo de Emilia na Onda no que queremos estar cerca de ti, que nos acompañedes coas vosas voces, coas vosas opinións... e máis nestes momentos nos que estamos lonxe de vós. Esta semana seguiremos coas seccións da entrevista, ContamosTodos, a participación dos oíntes e "Temos unha mensaxe de..."
Neste programa haberá espazo para as vosas intervencións. Na sección Fala con nós! podedes contarnos a onde vos gustaría viaxar ou a quen vos gustaría ver cando xa teñamos total liberdade de movemento, escoitaremos dúas achegas de ContamosTodos, ademais entrevistaremos a Emma Enríquez, directora de Nutriciona coa que falaremos sobre o tema da alimentación, coas vosas preguntas en directo e coas que nos remitiron alumnos/as do centro. Seguirá  "Na onda dos libros". coas recomendacións das bibliotecarias da B.M de Los Rosales e remataremos coa sección "Temos unha mensaxe de..."
Nesta entrada publicaremos o directo. No caso de querer participar a través da liña telefonica podedes contactarnos a través do noso canal de skype (bibliotecaepb@gmail.com) ao longo do programa para poder intervir na sección "Fala con nós!", irémosvos agregando ao longo da retransmisión. Tamén podedes intervir a través do chat que se habilitará cando se publique o programa.
A aplicación que recomendou Emma, que se chama Nooddle podedes descargala para dispositivos IOS e Android nesta ligazón: Nooddle 
Tamén deixamos o documento elaborado pola AESAN para o consumo de peixe por presencia de mercurio nesta ligazón: AECOSAN
Estas son as recomendacións de "Na onda dos libros".
 



Agardámosvos o domingo, non faltedes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...