Este domingo ás 12h. volve Onda Ti,
 o programa en directo de Emilia na Onda no que queremos estar cerca de 
ti, que nos acompañedes coas vosas voces, coas vosas opinións... e máis 
nestes momentos nos que estamos lonxe de vós. Esta semana seguiremos 
coas seccións da entrevista, ContamosTodos, a participación dos oíntes e "Temos unha mensaxe de..."
Neste
 programa haberá espazo para as vosas intervencións. Na sección Fala con
 nós! podedes contarnos o que queirades, a temática será libre, ademais 
entrevistaremos a Sonia Vázquez, sanitaria no CHUAC coa que falaremos do seu labor durante estes meses, coas vosas 
preguntas en directo e coas que nos remitiron alumnos/as do centro. 
Seguirá  "Na onda dos libros". coas recomendacións das bibliotecarias da
 B.M de Los Rosales e remataremos coa sección "Temos unha 
mensaxe de..."
Nesta
 entrada publicaremos o directo. No caso de querer participar a través 
da liña telefonica podedes contactarnos a través do noso canal de skype 
(bibliotecaepb@gmail.com) ao longo do programa para poder intervir na 
sección "Fala con nós!", irémosvos agregando ao longo da retransmisión. 
Tamén podedes intervir a través do chat que se habilitará cando se 
publique o programa.
Agardámosvos o domingo, non faltedes!

Ningún comentario:
Publicar un comentario