mércores, 2 de xuño de 2021

Tarde poética

Os clubs de lectura Viaxeiros por papel e Bolboretas lectoras encaran o final da súa viaxe co último libro que lerán durante este curso. No caso do alumnado de 6º de E.P. será Corazón de pájaro de Mar Benegas e Rachel Caiano da editorial Akiara, pola súa banda as nenas de 5º de E.P. lerán un clásico, trátase de El libro inclinado de Peter Newell da editorial Thule. Como podedes observar rematamos con poesía.

Para introducir ambos libros e a poesía acudiron Ana e Clara, bibliotecarias da B.M. Los Rosales.

martes, 1 de xuño de 2021

O abano de Emilia

Emilia foi muller, nai, amiga, erudita, mestra, escritora, pioneira, soñadora, festeira, vivaz... e moitos máis palabras que a definiron durante a súa vida e que farán dela unha personaxe que perdurará na historia da literatura e no movemento feminista.

O abano de Emilia foi unha actividade que desenvolvimos para conmemorar o centenario da súa morte e que consistiu na elección dunha palabra que a definise e a representación gráfica desta elección. Cada aula escolleu e trasladou a unha cartolina, con diversas técnicas, tanto a palabra como os debuxos.

luns, 31 de maio de 2021

A vosa opinión...

O venres desta semana pechamos a biblioteca para prepararnos xa para o próximo curso e realizar labores de mantemento. Aínda quedan algunhas actividades antes de rematar o curso, pero queremos coñecer a vosa opinión sobre distintos aspectos durante este curso con numerosos cambios debido á pandemia.

Finaliza o concurso "Paseando con Emilia"

O concurso "Paseando con Emilia" chega ao final logo de 15 semanas con diversas preguntas relacionadas con Emilia Pardo Bazán, que nos axudaron a aprender moito sobre a escritora coruñesa, agardamos que tamén vos servise para aprender a atopar información na rede.

sábado, 29 de maio de 2021

BOOKWORMS CLUB: John Barlow

Last Friday, the 28th of May, we held the last meeting of our Book Club. As it was a special day, we had the honour of meeting an English writer: John Barlow. Born in Gomersal, a Yorkshire village near Leeds, he studied English Literature at the University of Cambridge and has a PhD in Applied Liguistics from the University of Hull. He works as a novelist, food writer and translator, and he lives in A Coruña. Although he mainly writes thrillers for adults, he has a book for young readers: "Islanders". Set in a dystopian world after a biological war, a group of teenagers embark on the adventure of their lives. You can read the first chapter of the book in the presentation below. We warn you: it´s a page-turner!!!

luns, 24 de maio de 2021

Contacontos Educación Infantil

O martes 24 de maio acoden á biblioteca as bibliotecarias da B.M. Los Rosales para contarlles uns contos aos nenos/as de Educación Infantil. Debido ao protocolo sanitario establecido polo centro debido á pandemia entre cada grupo que veña á biblioteca haberá unha espera de 15' para o acceso da seguinte clase. Só virá un grupo de cada idade, por este motivo o resto de aulas poderán seguir a retransmisión do contacontos a través da ligazón desta entrada.

Agradecemos a preparación desta actividade a todas as bibliotecarias da Biblioteca Municipal e agardamos que non haxa problemas técnicos para que poidades seguir en directo sen problemas a actividade. De todos os xeitos os contacontos gravaranse e poderán estar a disposición das clases que o soliciten.

Concurso Semana 15

As desta semana serán as últimas preguntas do concurso "Paseando con Emilia". Durante 15 semanas achegámonos a través das diversas cuestións sobre distintos aspectos da vida de Emilia Pardo Bazán, diversas personaxes, institucións e acontecementos históricos que compartiron época coa escritora galega.
Nesta última semana as preguntas recompilarán e refresarán o aprendido sobre Emilia durante o curso.

mércores, 19 de maio de 2021

Paseamos por Coruña

O final da lectura de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta trouxo con el un percorrido pola cidade da man das bibliotecarias da B.M. Los Rosales, que ademais de presentarnos diversas especies de árbores da cidade tamén nos propuxeron un reto no que descubrir os lugares agachados no mapa e que a Jules Verne lle gustaría coñecer na Coruña, igual que fai coas rúas de Vigo.