mércores, 19 de maio de 2021

Paseamos por Coruña

O final da lectura de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta trouxo con el un percorrido pola cidade da man das bibliotecarias da B.M. Los Rosales, que ademais de presentarnos diversas especies de árbores da cidade tamén nos propuxeron un reto no que descubrir os lugares agachados no mapa e que a Jules Verne lle gustaría coñecer na Coruña, igual que fai coas rúas de Vigo.

Cada neno/a e cada profe levaron con eles un mapa coa guía para pasear polos distintos puntos da cidade, un total de 10, e como nunha viaxe ir visando os lugares visitados.

Pola súa banda, as Bolboretas lectoras remataron o cómic Destellos de Jen Wang.
Foi un libro que gustou moito. A evolución dos personaxes foi algo que destacaron na conversa de hoxe.

Queremos tamén animarvos a que visitedes a exposición "Olladas que fan click", que está montada na Biblioteca Municipal de Los Rosales con motivo do pasado día dos Museos e na que poderedes atoparvos fotos das nenas/os de Viaxeiros por papel e que tiveron como xerme a lectura do cómic La guerra de Catherine.

Bulide, estará aberta ata o 31 de maio!

Ambos clubs prepáranse agora para rematar o curso cun libro poesía, que obras lles agardan?

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario