Volven as mochilas temáticas de conexión familiar que tanto éxito tiveron. Estes préstamos van dentro do programa "Lectura e Familias", definida como "Conexión familiar: atopa respostas ás túas preguntas".
Para solicitalas, poderedes acceder ao FORMULARIO que se atopa ao final desta publicación.
Esta actividade comezou xa hai dous cursos e agradecemos a acollida dela xa que as mochilas estiveron en movemento desde o comezo da iniciativa.
Poñemos a disposición de todas as familias do noso centro 10 mochilas temáticas con fondos que acheguen información sobre diferentes aspectos, que esperamos que poidan servos de utilidade.
As mochilas que están a disposición da comunidade educativa para o empréstito serán as que aborden os temas de Trastorno de Espectro Autista, Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade, Altas Capacidades Intelectuais, Conduta e Disciplina Positiva, Conduta Positiva e Educación emocional, Dislexia, Creatividade 1, Creatividade 2, Educación e Igualdade e "Ao teu xeito" (esta última mochila configúraa a propia familia cun máximo de tres libros para adultos e/ou de non ficción a escoller entre a nosa colección). A selección dos recursos foi realizada polo Departamento de Orientación en colaboración co equipo de biblioteca.
As primeiras mochilas comezarán a saír o próximo 9 de decembro e poderán permanecer en préstamo un máximo de 30 días sen posibilidade de renovación, co obxectivo de favorecer a rotación e que o acceso a estes fondos sexa o máximo posible. As mochilas poderán reservarse, quedando en lista de espera as persoas que o vaian solicitando.
A recollida das mochilas realizarase na biblioteca do centro en diferentes momentos da xornada escolar e que deberán explicitarse no formulario de solicitude. A devolución realizarase do mesmo xeito que se fixo o préstamo. Cada familia só poderá ter emprestada unha das mochilas ofertadas.
Aquí vos deixamos a un click onde podedes anotarvos para solicitar as mochilas temáticas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario