venres, 8 de marzo de 2024

Soy mujer

Celebramos o día da muller coa presenza de dous poemas adicados ás mulleres nas cristaleiras da biblioteca e da biblioLab das poetas Alejadra Pizarnik e de Antía Otero. Ao mesmo tempo tamén están no corredor de entrada fondos relacionados co papel da muller na sociedade, con biografías de escritoras, pintoras, inventoras, científicas, exploradoras, aventureiras, deportistas... que podedes consultar para aprender sobre estas persoas e tamén para desenvolver o traballo que promove o EACE para constituír a galería de mulleres importantes, pero tamén de ficción nos que atoparedes mulleres e nenas protagonistas da súa propia historia. A continuación podedes ler os poemas.

SOY MUJER

Soy mujer. Y un entrañable calor me abriga

cuando el mundo me golpea.

Es el calor de las otras mujeres,

de aquellas que hicieron de la vida este

rincón sensible, luchador,

de piel suave y corazón guerrero.

Alejandra Pizarnik

TROMPE L'OLEIL

Cando collo horas para escribir e delego

o coidado das crianzas ao comezo síntome mal,

como se impusexe un privilexio. Logo o pracer é tan grande

que me prometo facelo máis veces.

Antía Otero



Feliz Día da muller!

Ningún comentario:

Publicar un comentario