Este ano seguimos dándolle importancia á celebración das nosas festas e tradicións galegas, como é o Samaín.
Tivemos moitas actividades tales como contacontos nas clases por parte do equipo de voluntarios/as da Biblioteca, profesorado e familias; elaboración de receitas monstruosas, ambientación na Biblioteca para a lectura de contos tamén nos recreos...
E como nova, xa que seguimos apostando polas propostas que saen desde a nosa emisora Emilia na Onda, o alumnado puido participar nun concurso de adiviñas moi divertido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario