xoves, 11 de marzo de 2021

Entrevista con Kelly Conde

Publicamos a entrevista que fixeron Sabela, Teo e Noa, en representación da clase de 5ºC, a Kelly Conde biologa molecular nun laboratorio do CHUAC e con numerosas liñas de investigación en marcha, que poderedes ir descubrindo ao longo da entrevista.

Agradecemos a Kelly que acudise ao noso colexio e compartise a súa experiencia e coñecemento con todos nós.

Esta actividade realizouse o 8M como parte das actividades para celebrar o Día da muller e na que levan traballando varias semanas todos os nenos/as da aula. Realizaron primeiro unha procura de información da entrevistada, filtraron os aspectos que lles pareceron máis interesantes para posteriormente darlle forma de entrevista. Aquí tedes o resultado, agardamos que vos guste, a nós encantounos!

 

1 comentario: