xoves, 22 de decembro de 2022

Volve Onda Ti - T4

Comeza a 4ª temporada de Onda Ti, o programa no que condensamos moitos dos produtos radiofónicos que imos producindo durante o trimestre no estudio de Emilia na Onda, e con ela a continuación de seccións xa tradicionais, mais tamén o inicio doutras que de seguro que vos parecerán moi interesantes.

Atentas/os! Neste primeiro episodio escoitaredes aos nenos/as de 6ºEP na sección en inglés, trátase de "The book nook", arrepiarémonos coas narracións do alumnado de 6ºA. Como xa sabedes neste curso estamos a investigar sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia, por iso no apartado Galeguízate! achegámonos á figura do "Apalpador". A mestra Mar, xunto coa súa clase do curso pasado, convídanos a visitar "El jardín de Juanita", nesta ocasión coa colaboración do mestre Javier Rouco. Durante todo programa iredes escoitando a lectura dos microrrelatos premiados no concurso convocado polo Día das Escritoras, agrupando nunha sección os "micros" da categoría "Familia". Retomamos a segunda edición do "Conto que vai e vén", unha experiencia de expresión escrita e oral co IES Salvador de Madariaga e que iremos continuando en próximos programas. No mes de novembro visitounos Suso Martínez, nesta entrevista poderedes coñecelo un pouco mellor. Lilí, bibliotecaria da BM Los Rosales, achéganos algunhas recomendacións para este Nadal, na tradicional sección de "Na onda dos libros", remataremos con "Temos unha mensaxe de..." As presentacións, seguindo a escaleta do programa, realizouna o alumnado de 5º de EP.


Lembrade que a partires da mes de xaneiro iranse publicando os diversos audios do programa de xeito individual nas distintas seccións da canle en Ivoox. Agora gozade durante as vacacións deste primeiro episodio de Onda Ti!


Ningún comentario:

Publicar un comentario