O pasado 24 de novembro Antía e Sonia, da cadea RadioVoz, acudiron ao centro para preparar unha edición especial de Onda Ti, o programa de radio trimestral do centro, no estudio de radio Emilia na Onda, xunto co alumnado de 3º e 4º de EP. No programa La tarde es tuya do 1 de decembro emitiuse en directo esta peza do alumnado do CEIP Emilia Pardo Bazán.
Lembrade que na última semana de decembro emitirase o programa trimestral de Onda Ti coa duración e seccións habituais, ademais dalgunha sorpresa.
Aquí tedes a edición especial de Onda Ti:
Agardamos que vos gustara!
Ningún comentario:
Publicar un comentario