venres, 27 de marzo de 2020

Onda Ti

Este domingo ás 12h. comeza a emisión de OndaTi, o programa en directo de Emilia na Onda no que queremos estar cerca de ti, que nos acompañedes coas vosas voces, coas vosas opinións... e máis nestes momentos nos que estamos lonxe de vós. Haberá varias seccións como a entrevista, ContamosTodos e a participación dos oíntes.

Quixeramos que fósedes vós os que guiásedes este proxecto, pero non vos preocupedes porque á volta aprenderedes dos nosos erros para que proximamente nos programas desenvolvades todos os papeis (produtoras/es, técnicas/os, locutores/as)
Neste primeiro programa haberá espazo para as vosas intervencións, para escoitar algúns dos contos que nos fostes enviando a ContamosTodos, entrevistaremos a un psicólogo especializado en catástrofes e algo de música, pero o que queremos é escoitar a vosa voz, como vos atopades, algunha recomendación para estes días...
Nesta entrada publicaremos o directo. No caso de querer participar a través da liña telefonica podedes contactarnos a través do noso canal de skype (bibliotecaepb@gmail.com) ao longo do programa para poder intervir na sección "Fala con nós!", irémosvos agregando ao longo da retransmisión. Tamén podedes intervir a través do chat que se habilitará cando se publique o programa, para poder utilizalo deberedes ter algunha das contas que vos comunicamos a través de Abalar, neste caso seremos nós os que iremos trasladando os vosos comentarios, tendo en conta a duración das outras seccións e o número de comentarios. Agardámosvos o domingo, non faltedes!

2 comentarios:

  1. Olá, Bos días. Unha estupenda mañan d domingo escoitando os nenos e os profes. Moi bo traballo. Un saudo

    ResponderEliminar