

Na BiblioLab María, nai de Daniel de 6ºC, organizou unha pequena feira científica na que os propios/as nenos/as de 6ºC foron quenes mostraron aos seus compañeiros/as dos outros 6º e 5ºC as diversas experiencias que tiñan preparadas, desde a escritura invisible, a presenza do ferro nos cereais, os fluídos non newtonianos, o ph, entre outras. Este proceso comezou hai dúas semanas, cando María explicou e preparou aos nenos/as da clase cada unha delas, en que consistían e como transmitilas aos outros compañeiros/as. Este martes refrescou o proceso co alumnado de 6ºC para que todo saíse como estaba previsto, cremos que este obxectivo acadouse. O alumnado que pasou polas distintas actividades aprendeu ciencia cos seus compañeiros/as.

Ao mesmo tempo na biblioteca a nai de Teo, alumno de 2ºB, e que é veterinaria de profesión, fixo unha presentación moi amena e didáctica sobre os vertebrados ao alumnado desta aula, na que tamén explicou a comunicación que se pode establecer entre os cans e os humanos, como os animais poden manifestarnos os seus sentimentos e como establecer relacións positivas con estes animais.


Ao mesmo tempo, na BiblioLab comezaba outra actividade dirixida pola nai de Joel, alumno de 3ºC, que trataba sobre as plantas e as flores. As nenas/os puideron manipular e observar detidamente todas as mostras que trouxo, acompañadas polas explicacións e curiosidades de cada unha delas. Puideron observar coa lupa o cáliz piloso da flor do toxo e os seus estames cos sacos de pole. Como sorpresa tamén trouxo unha especie de planta que lles encantou... unha planta carnívora!
Gústanos contar con todas/os vós na biblioteca, grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario