

A continuación organizáronse pequenos grupos nos que tiveron que investigar sobre unha autora galega, estruturando a información recollida de xeito que poidese ser transmitida nun programa de radio, para esta fase utilizaron libros da biblioteca e recursos de internet.
Posteriormente pasaron ao estudo de Emilia na onda, no que aprenderon a manexar a mesa, as aplicacións necesarias no ordenador e a coordinar o seu traballo co dos locutores/as. Pola súa parte estes tiveron que practicar a expresión oral dos contidos, o tono de voz, distancia aos micrófonos, coordinación cos compañeiros/as...

Ningún comentario:
Publicar un comentario