mércores, 8 de xaneiro de 2020

Instrumento musical na biblioLab

No pasado mes de decembro houbo unha nova sesión de Vós contades!
Carlota, alumna de 3ºB, trouxo para deixar na escola un instrumento montado polo seu avó. Durante unha clase de música, explicoulles aos seus compañeiros/as de clase como funcionaba.
Como o instrumento quedará no centro considerouse que estando na bibliolab podería ser usado polo resto do alumnado. O mércores 18 de Decembro, explicoulles o seu funcionamento ás rapazas e rapaces de 3ºA e 3ºC.


Carlota ensinounos como o instrumento consta de oito placas coas notas da escala e cun cilindro no que se insertan unhas pequenas pezas de plástico, que son as que golpean as placas desexadas cando se xira o cilindro, producíndose así o son das notas seleccionadas.
Investigando e probando pódense conseguir melodías sinxelas existentes ou inventar unhas propias.

Animámosvos a experimentar coa música!

Ningún comentario:

Publicar un comentario