martes, 16 de outubro de 2018

A nosa imaxe

Como podedes ver na parte superior deste blog a biblioteca ten unha nova imaxe. Trátase dunha obra creada por Paula Canedo e que resultou gañadora do concurso dos Leóns Dourados do curso pasado. Gustounos tanto que a adoptamos como un dos nosos símbolos que dotará á biblioteca de identidade propia.
A este león que nos está observando fáltalle poñerlle un nome, por iso dentro duns días abriremos unha consulta a todos os nenos/as do centro que queiran participar para que poidan suxerirnos un nome para o noso símbolo.
Agardamos as vosas ideas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario