luns, 29 de outubro de 2018

Obradoiro de encadernación

Fonte: AFEXDI
O vindeiro mércores 31 de Outubro os alumnos/as de 6º curso de E.P. participarán nunha actividade de ENCADERNACIÓN na Biblioteca.
Esta actividade está organizada en colaboración cos membros da asociación AFEXDI de Santiago

Afexdi é un centro de Formación e integración laboral de persoas con discapacidade. Un Centro Ocupacional que cre na integración socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual a través do desenvolvemento do seu propio traballo.

O curso pasado xa ensinaron aos nenos/as a encadernar os seus libros e neste pretenden repetir o éxito do curso pasado.
Aprendemos pasándoo ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario