luns, 22 de outubro de 2018

Inscricións para os Diálogos Filosóficos na biblioteca

Primeiro agradecervos a gran acollida da actividade entre todos vós, pero debido a gran demanda de prazas tivemos que organizar todas as solicitudes en tres sesións. Temos programadas dúas sesións de Diálogos Filosóficos na Biblioteca, a primeira desenvolverase o 6 de novembro e a segunda o 20 de decembro, ambas en horario de 16:15 a 17:00h. A terceira sesión está pendente de data.

O criterio de elaboración das listaxes para as sesións foi o de chegada ao Equipo de biblioteca; aqueles formularios de inscrición que chegaron o mesmo día clasificáronse alfabeticamente, colléndose sucesivamente alumnos/as de cada unha das clases empezando por 1ºA e rematando en 2ºC. A continuación presentámosvos a listaxe cos nenos/as que poden asistir a cada sesión.
Lembramos a importancia de ser puntuais tanto na hora de comezo como na recollida dos nenos/as. Se algún de vós non pode asistir na data indicada rogamos que nolo comuniquedes o antes posible para poder reubicar aos nenos/as da lista de espera e se é posible ofrecervos unha das outras datas.




Se tedes algunha dúbida podedes contactar con nós a través da zona de suxestións deste blog ou ben no centro contactando co responsable do equipo de biblioteca.
Grazas pola acollida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario