mércores, 12 de setembro de 2018

Estamos de estrea

Este curso estreamos este blog, "Biblioteca EPB", co que pretendemos establecer un vínculo con todos vós, informarvos das diferentes actividades que se vaian desenvolvendo nas distintas seccións da biblioteca, os novos fondos que vaiamos adquirindo, recomendacións de lectura, entre outras.

Este é o comezo do blog, a partires de aquí pretendemos que vaia medrando e mutando en función das vosas necesidades e opinións. Na columna da esquerda tedes un apartado para facer suxestións para que merquemos novos fondos, organicemos novas actividades ou modifiquemos as que estamos a desenvolver ou que nos deades a vosa opinión sobre o funcionamento da biblioteca. En definitiva, queremos que formedes parte deste proxecto, que xa comezou hai uns cantos anos e que foi medrando baixo a coordinación da mestra Carmen Mazaira, á que agradecemos encarecidamente o seu traballo a prol do fomento da lectura e da valoración feito desde a biblioteca escolar, en particular desde a Biblioteca EPB.
Estamos preparándonos para ofrecervos o mellor servizo posible, pero pronto teredes novas de nós, mentres tanto podedes axudarnos facendo as suxestións que consideredes oportunas, desde o equipo de biblioteca comprometémonos a valoralas. Queremos unha biblioteca que ademais de conter coñecemento, sexa un lugar para ser creativos, para compartir experiencias, para dialogar, para aprender dos demais... pero estes desexos non serán posibles sen a vosa colaboración e participación.
Enroládevos neste proxecto, vos estamos agardando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario