mércores, 19 de maio de 2021

Paseamos por Coruña

O final da lectura de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta trouxo con el un percorrido pola cidade da man das bibliotecarias da B.M. Los Rosales, que ademais de presentarnos diversas especies de árbores da cidade tamén nos propuxeron un reto no que descubrir os lugares agachados no mapa e que a Jules Verne lle gustaría coñecer na Coruña, igual que fai coas rúas de Vigo.

luns, 17 de maio de 2021

O Día das nosas Letras

Celebramos  o 17 de maio o Día das Letras Galegas, este ano adicado á poeta Xela Arias.
Queremos animarvos a que procuredes obras desta autora, que tedes á vosa disposición na exposición no exterior da biblioteca, e que leades en galego durante todo o curso as diversas obras de autoras/es galegos e aquelas traducidas ao noso idioma.

mércores, 12 de maio de 2021

Paseando con Emilia en inglés

As nenas/os de 6º de E.P. fixeron unha invetigación sobre Emilia Pardo Bazán e sobre a súa relación co movemento sufraxista e co seu relato "The deception" coa mestra Rosa.

Toda a información na páxina web do proxecto "Paseando con Emilia".

martes, 11 de maio de 2021

#EPB100

Mañá conmemórase o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán e para resaltar esta data teremos con nós a Xulia Santiso, a directora e conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Os nenos/as de 6ºC prepararon a entrevista que lle farán mañá no estudio de Emilia na Onda, pero tamén queremos que participedes desta conversa con Xulia, por este motivo a entrevista emitirémola en directo a través da nosa canle en Spreaker. Comezará ao redor das 13h., xa que na propia Casa Museo alumnas/os de 6º, 5º e 1º de E.P. participarán nunha lectura colectiva das obras de Emilia Pardo Bazán xunto con outras persoas amantes da escritora coruñesa, tamén se entregarán os premios do certame de relatos A Erbeda. Este evento podedes seguilo a través da súa retransmisión na canle de Youtube da Real Academia Galega.

Se queredes facer algunha pregunta en directo tedes que enviala a través de Skype utilizando o chat ou solicitando previamente a intervención a través de chamada, unha alumna trasladará as vosas preguntas ou vos dará paso. O usuario co que tedes que contactar é bibliotecaepb@gmail.com

luns, 10 de maio de 2021

Concurso semana 14

Dende Licenza CC BY-SA
Esta semana, o mércores 12 de maio, conmemórase o centenario da morte de Emilia Pardo Bazán, e ademais celebramos o día das Letras Galegas, que será o próximo luns 17 de maio, este ano adicado á poeta Xela Arias.

Nesta ocasión as preguntas estarán referidas a esta celebración das Letras Galegas e a autora homenaxeada este ano.

Aos recursos de Paseando con Emilia engadimos as seguintes ligazóns, nas que poderedes atopar información relativa ás preguntas que aparecen no formulario desta semana:

RAG

Primavera das Letras

Portal das Palabras

luns, 3 de maio de 2021

Crónica da entrevista a Cristina Novoa

Vía @pousa_maria
Esta é a crónica que elaborou o alumnado de 5ºB de Educación Primaria sobre a visita de Cristina Novoa, membro até hai ben pouco do equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares, á biblioLab para a entrevista que lle fixeron coa axuda de Laboratorio de Radio:

Concurso semana 13

Proximamente cumpriranse 100 anos da morte de Emilia Pardo Bazán. Queremos lembrar nas preguntas desta semana esta data e os motivos que provocaron o seu falecemento.

Aos recursos de Paseando con Emilia engadimos as seguintes ligazóns, nas que poderedes atopar información relativa ás preguntas que aparecen no formulario desta semana:

Centros para o control e prevención de enfermidades

Federación Española de Diabetes

sábado, 1 de maio de 2021

BOOKWORMS: "George´s marvellous medicine"

Our Bookworms Club is coming to an end. The last reading for this school year is
"George´s marvellous medicine", by Roald Dahl, one of the most popular and successful children´s authors of all times. Born in Wales, he started to write books after a serious flying accident. His stories are still enjoyed by millions of kids around the world, and many have been turned into films, plays and musicals, such as "Matilda", "Charlie and the chocolate factory" or "The witches".