venres, 20 de xuño de 2025

Episodio 3 de Onda Ti

Remata a 6ª temporada de Onda Ti gravada integramente no novo estudio. Neste último programa do curso poderedes escoitar en primicia os audios das diversas seccións do programa e, ademais, a música do Coro das emocións. Preparados para desfrutar de case 90' de radio?

Comezaremos coma sempre coa sección en inglés, trátase de "The book nook", as lecturas dos clubs de lectura de inglés centrará o seu tempo. Seguiremos aprendendo co alumnado de 3ºEP sobre o cinema, nesta ocasión achégannos ao mundos premios no cine. Os voluntarios en acción chegan para informarnos sobre a opinión sobre diversas cuestións da comunidade educativa. A mestra Mar, xunto coa súa clase de 4º de EI, convídanos a visitar "El jardín de Juanita", nesta ocasión conta coa colaboración do profesor Javier Pintor. O alumnado de 2º de EP trasládanos no tempo ata a época dos faraóns en Exipto

En semanas pasadas entrevistamos a Verónica Buíde, queredes coñecela? Pois atentos/as as preguntas que lle fixo o alumnado de 6ºC. Volve "Na onda dos libros", sección da Biblioteca de Los Rosales, que nos traen información sobre a vida da biblioteca municipal, e que está a gardarvos. Percorreremos diferentes eventos que sucederon a longo destas semanas, como foi o teatro interaulas, o coro das emocións e a entrega dos premios dos Leóns Dourados. Para finalizar o alumnado de 6º de EP enviaranos, como xa é tradicional, unha mensaxe de despedida en "Temos unha mensaxe de...". As presentacións, seguindo a escaleta do programa, realizounas o alumnado de 6ºB de EP, ademais entre cada sección haberá música do Coro das emocións.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario