venres, 20 de xuño de 2025

En verán libros e cine

Presentamos a guía de lectura de verán, na que propoñemos libros que consideramos interesantes e  pensamos que vos servirán para divertirvos e aprender durante o verán. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura. Están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos. Tamén incluímos as recomendacións dos xogos dos que desfrutamos no club de lectura de ficción dixital ENRE2 EPB.

Lembramos que a selección de obras de non ficción para "Un cole de cine", que están relacionadas coa temática desde diversas perspectivas, está publicada na páxina do catálogo da nosa biblioteca.

Poderedes atopalos nas bibliotecas municipais e noutras bibliotecas públicas, compralos nas librarías ou agardar á apertura no próximo curso da nosa biblioteca.

Que pasedes un bo verán! 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario