mércores, 12 de abril de 2023

ENRE2 EPB

Falamos sobre videoxogos? Queredes xogar en familia?

Apuntádevos ao club Enre2 EPB! Nestas sesións ademais de xogar falaremos sobre diversos temas que estarán relacionados coa experiencia de xogo, tamén unha excusa para compartir tempo de lecer xuntas a través da ficción dixital de calidade.


A actividade está aberta a alumnado desde 3º ata 6º de EP, tendo que vir obrigatoriamente acompañado/a dun adulto. Será necesario que traiades uns auriculares que poidades compartir, que vos permitan escoitar ao mesmo tempo o son do videoxogo. O número máximo de prazas será de 15 nenos/as, as inscricións estarán abertas ata completar as prazas ou ata o luns 17 de abril ás 22h. Podedes inscrivirvos enchendo o seguinte formulario.

Haberá dúas sesións do club, que se desenvolverán o martes 18 de abril e o martes 23 de maio, a inscrición comprende a asistencia ás dúas sesións. Só se abrirá un novo prazo en maio para a segunda sesión se houbese prazas libres.

Animádevos e acudide á biblioteca a xogar con nós!

Ningún comentario:

Publicar un comentario