xoves, 1 de xuño de 2023

ENRE2 EPB seguinte nivel

Segunda sesión de ENRE2 EPB, o club de lectura de ficción dixital, no que nos estamos achegando a obras dixitais que nos fagan pensar e reflexionar sobre os diferentes aspectos que se presentan nos videoxogos.

Esta semana reunímonos na biblioLab para coñecer e xogar a Botanicula, unha obra de Amanita Design e coa banda sonora de DVA.

Como na anterior sesión nenos/as compartiron a actividade cun membro da súa familia co que puideron xogar á obra proposta. Recordamos GNOG co que interactuamos na sesión anterior e falamos sobre como fora a experiencia. Despois de xogar a Botanicula falamos sobre a narrativa que se presenta no xogo, sobre os valores que podemos atopar nel, sobre as características das personaxes principais e secundarias que aparecen, sobre o valor estético e a importacia da música nesta proposta. Tentamos atopar algunha relación co anterior xogo e expresamos as opinións persoais sobre o desenvolvemento da sesión. Finalmente, fixemos unha avaliación individual desta segunda xornada de ENRE2 EPB.

 

Este curso xa rematamos, pero o próximo curso pasamos ao seguinte nivel, a partida continúa, agardámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario