O 16 de outubro celebramos o Día mundial da alimentación, aproveitamos este día para anunciar o comezo do Proxecto Documental Integrado "Sabor e saber", no que investigaremos sobre a importancia da alimentación para a saúde, tanto do noso corpo, como do planeta. As aulas de Educación Infantil xa comezaron desenvolvendo o proxecto de alimentación saudable con distintas actividades na aula.
Introducimos o tema de investigación colocando o cartel da imaxe nas portas das aulas como forma de chamar a atención sobre o tema e tratar que nas aulas se falase sobre aquilo que lles suxería o cartel e aquilo que lles gustaría aprender durante este curso. Ao ser un proxecto no que participará todo o centro os distintos equipos organizarán durante o curso varias actividades relacionadas e colaborarán no proceso de investigación.
Desde o equipo de biblioteca facilitamos os distintos fondos bibliográficos que están a disposición da comunidade educativa, aos que podedes acceder desde aquí. Tamén elaboramos un repositorio con recursos nos que aprender máis sobre as diversas liñas de procura de información e nas que coñecer diversas perspectivas sobre o tema, está accesible desde este enlace.
Existe unha web en construción que iremos actualizando ao longo do curso, onde iremos recollendo as actividades relacionadas co proxecto que se vaian desenvolvendo.
Queremos saber máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario