martes, 3 de decembro de 2019

Vós contades: nutrición

Hoxe acudiu ao centro Carmen, nai de Javier (alumno de 6º de E.P.), para compartir cos alumnos/as de 5º e 6º de E.P. Unha xornada na que se desenvolveron distintos obradoiros relacionados cos alimentos e coa cociña  e que estivo estruturada en dúas sesións. Esta é a primeira xornada deste curso da edición de Vós contades! na que as familias acuden ao colexio para contar historias, realizar actividades, entre outras cos nenos/as do colexio.

O encontro comezou cunha pequena charla na que se achegaron conceptos sobre os alimentos, o alumnado participou nun xogo coa pirámide de alimentación.
Posteriormente os grupos foron distribuíndose en tres talleres de cociña nos que ían elaborando diferentes platos:
"Elaboramos tostas", neste obradoiro os nenos/as elaboraron platos coas tostas e xamón, queixo, tomate rallado, salmón... ademais degustaron gominolas feitas con zumes de froitas.
"Espetadas de froitas" consistiu en ir colocando anacos de diversas froitas nun pao e que despois degustaron.
"Novos sabores", probar novos sabores era o obxectivo deste taller no que degustaron unha crema de verduras e na que aprenderon a elaborar unha crema de cacao saudable con cacao, avelás, dátiles e leite, que tamén probaron.
A experiencia foi moi satisfactoria, xa que, ademais de aprender sobre os alimentos, os nenos/as foron cociñeiros/as e descubriron receitas para elaborar platos saudables.
Nestas imaxes recollemos algúns dos momentos do encontro.


Agradecemos a colaboración de Carmen e as súas acompañantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario