venres, 20 de decembro de 2024

Onda Ti navega nas ondas

Comezamos a sexta temporada de Onda Ti, xa queda un pouco lonxe o nacemento do programa en pleno confinamento, pero durante este tempo asistimos a unha evolución desta peza, na que cada vez toma máis protagonismo o alumnado e que facemos coa mesma ilusión que no 2020. No episodio que inaugura esta temporada  publicamos moitos dos produtos radiofónicos que imos gravando durante o trimestre no estudio de Emilia na Onda, atoparemos seccións tradicionais desde hai un lustro, nas que as vosas voces son o máis importante.

xoves, 19 de decembro de 2024

Protagonistas da vosa historia

Presentamos a guía de lectura do mes de decembro, na que propoñemos libros que consideramos interesantes e neste caso moitos deles están relacionados co cine, xa que tiveron unha adaptación audiovisual. Atoparedes obras para todos os niveis de lectura. Están clasificados igual que na biblioteca, os de fondo azul son para prelectores, vermello para primeiros lectores, verde para lectores autónomos e amarelo para lectores expertos.

Lembramos que a selección de obras de non ficción para "Un cole de cine", que están relacionadas coa temática desde diversas perspectivas, está publicada na páxina do catálogo da nosa biblioteca.

mércores, 18 de decembro de 2024

Obradoiro "Pintando historias"

No mes de decembro comezamos un novo obradoiro que chamamos "Pintando historias" na que pretendemos achegarnos ao mundo da fotografía, tan importante no desenvolvemento do cine, e que nos permitirá introducirnos en diversas historias. Utilizamos a técnica de Light painting para xuntar arte, fotografía e literatura.

luns, 16 de decembro de 2024

Luces, cámara...pregunta!

Xa temos ás novas gañadoras/es do concurso do mes de decembro, lembrade pasarvos pola biblioteca para coller o voso libro e desfrutar del no Nadal. En xaneiro publicaremos unha nova edición de "Luces, cámara...pregunta". Xa están publicadas as respostas no corredor do colexio e tamén nesta entrada.

venres, 13 de decembro de 2024

A YEAR OF FILMS: Comedy and Christmas

The latest session of our book clubs has been dedicated to a very particular genre: CHRISTMAS.  The arrival of this time of the year brings an atmosphere of charm and magic, which is well reflected in books and films. These special stories transport us to worlds of glistening snow, twinkling lights and warm hearts as we explore beloved characters and cherished values that illuminate the Christmas spirit. So our chosen stories have been "The snowman" by Raymond Briggs, "The little match girl" by Hans Christian Andersen and "A Christmas carol" by Charles Dickens, all of them timeless and tender. But we wanted to take a step beyond, inviting the British comedian Rowan Atkinson (better known as Mr. Bean) to see his peculiar vision of Christmas. And the experience has been hilarious!

luns, 9 de decembro de 2024

"Estamos en obras" IV

Hoxe visitou a biblioLab o grupo de 4ºB de Educación Infantil. A visita destes artistas produciuse para realizar con diverso material unha instalación artísitica dentro dos obradorios da biblioteca "Estamos en obras". Esta obra estará exposta ata o próximo mércores. Ao principio o material estaba disposto dun xeito que eles decidiron titular como "O circo".

luns, 2 de decembro de 2024

Luces, cámara...pregunta!

Rematado o mes de novembro publicamos as respostas correctas ás cuestións que planteamos nesta primeira ronda do concurso, o solucionario está no final desta entrada. Todos os que participastes podedes pasar pola biblioteca para comprobar se as vosas respostas foron correctas e recoller o voso agasallo.

Aproveitamos para anunciar que xa podedes participar na ronda do mes de decembro. Neste mes teredes que procurar as imaxes expostas no corredor de entrada (cada unha cun número para identificalas) e teredes que utilizar a folla de respostas, que poderedes coller en calquera dos espazos da biblioteca e responder ás preguntas que se plantean. Este mes están relacionadas coa literatura e o mundo do cine.Presentamos a personaxes de películas de animación que xurdiron dun libro, para posteriormente transformarse nunha obra audiovisual. Para participar no concurso teredes que atopar primeiro o nome da personaxe, logo o título do libro (todos están na biblioteca), o título da película e o por último o nome do autor/a do libro.