martes, 6 de xuño de 2023

Feira Galeguízate!

Moitas grazas polo amplo número de solicitudes para asistir á Feira Galeguízate! do próximo venres 9 de xuño, que superou con moito as nosas expectativas. Esto que supón unha grata sorpresa tamén supón unha serie de cambios no horario dos inicialmente previstos e que xa foron notificados aos correos que nos achegastes nas solicitudes.

O primeiro cambio é a hora de comezo, que pasa das 12:30 ás 11:30-11:35h. As familias que solicitastes praza, xunto cos vosos acompañantes, estades organizados en 6 grupos que entrarán por lugares diferentes e comezarán en distintos puntos do colexio. En cada punto do colexio que se sinala neste plano están explicadas a situación de cada unha delas, os cursos que estarán alí e o que explicarán. Atentos/as ao Edificio de Educación Infantil xa que só se poderá entrar en tres das aulas, o resto das exposicións serán fóra, ben con explicacións do alumnado ou ben con murais descritivos do traballado.


Neste outro documento están os puntos de comezo de cada grupo e o percorrido que farán. Haberá alumnado e profesorado que acompañará a cada grupo a modo de guía polos diferentes puntos da feira. Cada 20' soará a música pola megafonía do centro para facer os cambios de zona. En varias zonas da Feira haberá códigos QR que poderán escanearse para poder escoitar audios ou ver vídeos, polo que recomendamos ter desacarregada no teléfono algunha aplicación que o permita (por exemplo Google Lens).
No caso de chuvia todas as zonas exteriores descubertas de Educación Primaria trasladaranse ao interior do edificio, tamén descritas no seguinte plano.
 


Toda a información que se exporá nesta feira estará publicada na web do proxecto ao longo do mes de xuño.

Agardámosvos o venres!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario