O pasado venres 5 de maio visitou o noso centro o alumnado de 5ºEP do CEIP Bergantiños (Carballo). Neste encontro que compartiron co alumnado de 5º e 6º de EP diversas actividades que se realizaron na biblioteca e nunha aula de 6º de EP.
A xornada discurriu de foma que os 80 alumnos/as do centro que nos visitaba organizáronse en tres grupos que foron pasando por cada un dos tres obradoiros que dirixiron, coa a axuda das mestras, nenos/as de 5º e 6º do noso colexio.
Na biblioLab a mestra Rosa preparou unha escaleta de programa especial que se encargaron de conducir tanto nos micros como na mesa de control alumnado do grupo C de 6º de EP. Así foron pasaron todos os nenos/as do CEIP Bergantiños e como produto xurdiu este podcast:
Na biblioLab a mestra María preparou co alumnado dos tres grupos de 5º de EP un obradoiro de deseño 3D, no que cada neno/a do outro colexio deseñou un trisquel, aproveitando o noso PDI Galeguízate! que desenvolvemos durante este curso. Durante estes meses iremos imprimindo para logo envialos a Carballo, estes son algúns deseños.
Na aula de 6ºA, a mestra Conchy preparou co seu grupo un obradoiro de creación de animacións coa técnica stopmotion que xa traballaran dentro do programa DigiCraft, do cal xurdiron varias animacións que nas próximas semanas publicaremos.
Unha xornada moi divertida e proveitosa na que a aprendizaxe entre iguais foi a protagonista. Ata a próxima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario