luns, 22 de maio de 2023

Feira Galeguízate!

O próximo 9 de xuño de 12:30 a 13:30h celebraremos no colexio a Feira Galeguízate!, no que  alumnado e profesorado presentarán os traballos de investigación que desenvolveron durante todo o curso relacionados co PDI Galeguízate!, dedicado a aprender sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia.

Co obxectivo de organizar esta xornada de portas abertas coas familias necesitamos coñecer aquelas que acudiredes e o número de persoas que vos acompañarán. Se o número de persoas non excede o previsto a visita será libre, tentando ver todas as experiencias presentadas e non só as das vosas fillas/os. No caso de superar o número previsto realizaranse grupos que irán rotando por cada un dos espazos nos que se expoñerán os traballos do alumnado. No seguinte formulario poderedes inscribirvos, estará aberto ata o venres 2 de xuño ás 23:55h. En caso de querer acudir con posterioridade a esta data haberá que enviar un correo electrónico ao centro (ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.gal) solicitando asistir, non estando garantidas, por motivos de organización, estas prazas.


O luns 5 de xuño enviaremos o programa co plano de actividades, cunha pequena descrición, grupos que explicarán cada unha delas e a súa situación no centro para que poidades organizar a visita no caso de non haber grupos pechados. Esta actividade realizarase principalmente no exterior, no caso de que chova haberá un plano de continxencia que se comunicará con anterioridade a data de celebración.

Animádevos a vir!

2 comentarios:

  1. Dificil asistir para a xente que ten que traballar…

    ResponderEliminar
  2. Biblioteca EPB23/05/23, 15:15

    Ola,
    Ao implicar a todo, ou case todo, o alumnado e profesorado pensamos que o horario máis axeitado era o escolar, xa que outra solución non garantía a presenza de todo o alumnado e probablemente tampouco permitiría a presenza de todas as familias. En calquer caso, o traballo do alumnado publicarase en formato dixital para que toda a comunidade educativa teña acceso ao seu traballo. Sentimos non poder satisfacer todas as vosas necesidades.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar