luns, 20 de marzo de 2023

A amizade nun libro polo Día da poesía

O 21 de marzo celébrase o Día da poesía, nós, como xa sabedes, estamos a celebrar todo o mes, adicando as entradas e algún momento da Hora de ler para que soe por megafonía un poema relacionado con Galicia recitado por algún membro da comunidade educativa, pero para hoxe temos resevada unha celebración moi especial, como é a segunda xornada da "Amizade nun libro", no que o alumnado compartirá libros de poesía e obras creadas por eles/as mesmos.

Nesta entrada publicaremos as imaxes desta xornada. Feliz Día da poesía!

O alumnado maior ademais de lerlles un poema extraído dun libro tamén elaborou o seu propio poema entregoullo en diferentes formatos. Unha xornada con sol lendo poesía fronte ao mar!

Álbum



 



Ningún comentario:

Publicar un comentario