xoves, 15 de outubro de 2020

A voar!

Chegou o día no que inician o seu vo os clubs de lectura Viaxeiros por papel, no que participan nenas/os de 6º de E.P., e o que comeza este curso con nenas de 5º de E.P.

Onte pola tarde acudiron nenos/as de 5º e 6º de EP para coñecer os libros que van ler durante estas semanas.

No caso do club de 5ºEP comezarán cun libro que ben coñecen os nenos/as de Viaxeiros por papel, trátase de La lección de August, seguro que tiran proveito desta obra de R.J. Palacio.

Pola súa parte, Viaxeiros por papel comeza con Prohibido leer a Lewis Carroll de Diego Arboleda e Raúl Sagospe. Tiñamos previsto iniciar este libro no mes de marzo, pero, debido á pandemia, tivemos que aprazalo ata este momento.

Queremos salientar a colaboración coa que contamos desde a B.M. de Los Rosales, que nos facilitan as obras e que montaron un recuncho adicado aos clubs de lectura do colexio.

Mirade que regalo tan bonito deixaron as bibliotecarias da B.M. de Los Rosales para presentarnos o recuncho de Viaxeiros por papel na biblioteca do barrio e para introducirnos no mundo de Lewis Carroll.

 

Non deixedes de visitar a Biblioteca Municipal e ver este espazo adicado ás lecturas dos clubs.

Moitas grazas pola participación do alumnado e polo apoio recibido!

Ningún comentario:

Publicar un comentario