O Día das Letras Galegas de 2020 vai pasa á historia e, vistos os motivos, non é para estarmos contentos. Foi a primeira vez, dende a súa institución, aló polo 1963, en que a Real Academia se viu obrigada a trasladar a data da festividade. O pasado 17 de maio, data oficial, estabamos en pleno confinamento domiciliario por mor da pandemia Covid. Por iso a RAG tomou a decisión de trasladar ao 31 de outubro a conmemoración oficial. A nova data fixouse pola coincidencia coa do nacemento da figura homenaxeada: Ricardo Carvalho Calero.
Tamén se esperaba –cremos- que a situación sanitaria tivese mellorado dende aquela, pero a verdade é que continuamos a loitar contra o virus sen poder descoidarnos nin un segundo. Sexa como fora, este é o día escollido e nós queremos contribuír a que os lectores e as lectoras do noso blog coñezades un pouco mellor a figura de Ramón Carvalho Calero, un ferrolán que deixou escritas fermosísimas páxinas na nosa lingua, da que ademais foi un destacado estudoso.
Recuperamos os recursos que publicou no mes de maio o EDLG e o monográfico sobre o autor galego que realizou a clase de 6ºA de E.I. para a sección ContamosTodos de Emilia na Onda.
Compartimos as propostas para a celebración das Bibliotecas Municipais da Coruña como é a Guía de Lectura #DesconfinarALingua, que tal como nos comentan desde esta institución "naceu dun tempo estraño e difícil, dunha pausa forzosa confinados e confinadas nas nosas casas. Neste contexto de COVID-19, as Bibliotecas Municipais fixemos un chamamento á cidadanía para “Desconfinar a Lingua” na semana das Letras Galegas. Centos as persoas que taparon a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma. Esas achegas son as que agora tes nas túas mans, mergúllate nesta escolma de caras e descubre toda a creación que se pode gozar en galego."
Podedes acceder ao recurso a través da ligazón que deixamos a continuación. Algunhas das caras que están detrás dos libros seguro que as coñedes, animádesvos a descubrilas!
Guía de Lectura #DesconfinarALingua
PARA SABER MÁIS:
Historia do Día das Letras Galegas
A RAG traslada o pleno do Día das Letras á cidade de A Coruña
Homenaxeados no Día das Letras
Ningún comentario:
Publicar un comentario