mércores, 16 de setembro de 2020

A biblioteca en tempos de pandemia

Iniciamos un curso complicado debido á pandemia da Covid-19, que trae consigo cambios no funcionamento do centro e polo tanto tamén na biblioteca e en todos os seus espazos. No comezo do curso publicáronse na web do centro os documentos relacionados coa pandemia, entre os que se atopa o Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020-2021, na páxina 23 atópase a información referida ao estudio de radio e na páxina 25 á biblioteca e biblioLabque. Estas novas normas están detalladas no documento achegado nesta entrada.

O cartel "A Biblioteca en tempos de pandemia" estará presente nos distintos espazos da biblioteca para que todos os usuarios/as accedan a esta información, tamén se utilizará nas sesións de formación coas distintas aulas do centro.
Estamos a preparar a nosa apertura no mes de outubro con tarefas que este curso son unha novidade para o equipo de biblioteca como é sinalar os espazos, o fluxo de movementos, recolocar o mobiliario... pero tamén continuamos con tarefas habituais de propostas coas que queremos seguir como a chegada de novidades, a preparación das mochilas viaxeiras, de "Tédelos que coñecer!", entre outras, e que vos iremos anunciando en próximos días.

Outra novedad que nos prace comunicarvos é que a partir deste curso estamos presentes nas redes sociais Twitter e Instagram. A través destas vías iremos compartindo con vós novidades, imaxes, información... sobre a biblioteca.


Queremos abrir de xeito seguro e que ao mesmo tempo sigades gozando da Biblioteca EPB. Agardámosvos a partir de outubro!



Ningún comentario:

Publicar un comentario