mércores, 30 de setembro de 2020

Portas abertas a partir do luns

O próximo luns abrirá a biblioteca para acoller as vosas visitas nos recreos, polas tardes poderedes devolver os libros e para participar nas actividades que se desenvolvan por parte do equipo de biblioteca.

Hoxe tivemos unha reunión coas bibliotecarias da B.M. de Los Rosales para poder colaborar e desenvolver actividades conxuntas. Estamos orgullosos de ter tan cerca ás bibliotecarias do barrio!

A partir da próxima semana tamén poderedes acceder coas vosas titoras/es á biblioteca e á biblioLab para realizar procura de información, lectura, selección de libros para a biblioteca de aula e actividades cos robots.

Proporémosvos algunha investigación para que poidades compartilas a través de Emilia na Onda e prepararemos o primeiro programa da nova era de Onda Ti. Lembrade que seguen abertos os programas de ContamosTodos, espazo para que nos contedes o que desexedes, e Vouche contar un conto... programa no que narraredes a historia orixinal que creedes coa vosa imaxinación.

Os clubs de lectura Viaxeiros por papel e Book Club xa están preparando a súa volta, nos próximos días compartiremos con vós o funcionamento durante o curso.

Nestas semanas completaremos a formación de usuario das aulas para explicar as novas normas e o uso da biblioteca durante este curso seguindo o protocolo establecido nos documentos do centro.

Arrincamos con novas normas, pero coas mesmas ou máis ganas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario