venres, 19 de xuño de 2020

Libros con sabor e saber

Photo by Aaron Burden on Unsplash
Este curso non recibiredes en papel a guía de lectura, como todos os anos, pero non quixemos deixar de compartir con toda a comunidade educativa esta selección de lecturas relacionadas, na maioría dos casos, co tema sobre o que estivemos investigando ao longo destes meses. Por este motivo os libros que compoñen a guía teñen sabor e saber.
Como sempre están estruturados en función da competencia lectora do alumnado, integrando narrativa, poesía, cómic, informativos, en lingua galega, castelán e inglés. Nesta guía engadimos tamén unha selección de xogos para que gocedes con eles en verán.
Desexámosvos un bo verán e agardámosvos en setembro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario