
Mañá sairán os diplomas acreditativos que servirá, ademais de lembranza deste curso, para canxear por libros cun valor de 20€ nunha libraría da cidade. Se queredes enviarnos algunha foto cos vosos novos libros estaremos encantados de compartilas con toda a comunidade educativa.
Agardamos que en setembro á volta de vacacións poidades compartir con nós as opinións das vosas eleccións, que sigades utilizando a nosa biblioteca e axudándonos a conseguir que siga medrando, tanto en fondos como en préstamos.
Moitas grazas a todas/os
Agardámosvos o próximo curso nos diferentes espazos da biblioteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario