Despois de revisar as bases do I Concurso literario da Biblioteca
EPB, e atendendo a unha reclamación presentada polo fallo na
categoría de cómic, este xurado decide:
-Admitir
a reclamación, posto que o traballo declarado inicialmente gañador
incumpre una das bases do concurso, en concreto a relativa á
obrigatoriedade de incluír na primeira viñeta un amencer.
-Declarar
gañadora da devandita categoría o traballo "Tu buena amiga Sara" de Lucía, alumna de 3º de E.P., que inicialmente quedara en segundo
lugar.
-Debido
a que esta modificación sobre a decisión inicial é froito
exclusivamente dun erro do xurado, mantense tamén –en condición
de premiado— o traballo de Carolina, “O cubo de Rúbik”.
Finalmente,
o xurado quere desculparse por este erro, que lamenta
profundamente,
e polas consecuencias desagradables que puidera ter ocasionado
para
as persoas afectadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario