mércores, 11 de decembro de 2019

Encontro coa BiblioBN

O pasado martes celebramos un Encontro virtual a través de videoconferencia coa E.E.I. Barrionovo na que os alumnos/as dun grupo 2º explicáronlle aos nenos/as de infantil da escola de Pastoriza un dos obradoiros que realizamos no mes de novembro, no que relacionabamos o P.D.I. Sabor e saber co mes da ciencia en galego. Tratouse da experiencia do "Volcán ácedo". Pola súa parte os nenos/as da escola de Arteixo ensináronnos como se pode ver a música.

Empezaron os nenos do Emilia Pardo Bazán explicando os materiais necesarios para poder elaborar o volcán ácedo, a continuación foron detallando e demostrando os pasos que tiñan que seguir para realizar o experimento ata conseguir que o volcán entre en erupción.
Posteriormente os nenos/as da Escola Infantil mostráronnos e nos explicaron como podemos observar a música.
No seguinte vídeo podedes ver como se desenvolveu o encontro.



Agradecemos a colaboración de todos os nenos/as que participaron, ademais de felicitalos pola preparación das explicacións, por compartir e difundir o coñecemento, agardamos poder repetir esta actividade en próximas ocasións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario