xoves, 19 de decembro de 2019

Libros con sabor a natureza


Esta é a guía de recomendacións de lecturas que elabora o Equipo de Biblioteca do CEIP Emilia Pardo Bazán para estas datas. Todas estas obras están no expositor diante da biblioteca, están á vosa disposición na Biblioteca do centro.
Están estruturadas pola competencia lectora e seleccionando obras de narrativa, poesía, banda deseñada e nesta edición escollemos a inclusión de xogos de mesa e aplicacións para dispositivos móbiles.


Se estades interesados en mercar algunha destas obras recomendámosvos que utilicedes as librerías do barrio e da cidade. Tamén podedes utlizar a biblioteca municipal de Los Rosales ou calquera outra da rede de bibliotecas municipais para acceder a estas recomendacións.
Agardamos que vos axuden e que gocedes coa lectura destas obras.





Nesta selección querémonos sumar á preocupación pola natureza e a súa conservación, por este motivo escollemos obras que se achegan a esta desde diferentes puntos de vista. Unha das actividades coas que tratamos de involucrarnos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
As guías acompañarán aos traballos dos nenos/as o venres, pero tédela aquí en formato dixital por se a perdedes. Se vos apetece gostaríanos coñecer se algún deles vos gustou especialmente trala súa lectura, tamén se non vos gustaron, podedes facelo a través dos comentarios.

2 comentarios: