sábado, 23 de novembro de 2019

VenreXperimentos

Seguimos celebrando os VenreXperimentos na biblioLab. O pasado venres 15 e mércores 20 os nenos/as puideron montar os escornabots que nos proporcionou o programa biblioteca creativa e que sairán o próximo luns nas mochilas semanais de Educación Infantil.
O venres 22 experimentamos co magnetismo en diferentes zonas con actividades como diferenciar os obxectos que atrae un imán dos que non, a potencia de diversos imáns, crear un compás...

A continuación vos deixamos un vídeo con distintos momentos destas xornadas.






Aínda quedan dous VenreXperimentos neste 2019 para o que xa non quedan prazas, pero en próximas semanas sacaremos a programación para o segundo trimeste, agardámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...